SERENADE
Un drama familiar luminoso onde Chelo, unha muller maior que vive nunha aldea galega dos 90, desexa ver a súa neta Lola facer a primeira comunión antes de morrer.
AS LABREGAS
Serie de televisión onde Paula, unha muller duns 45 anos volta de Madrid a casa familiar en Galicia por mor do falecemento da sua nai. Na casa atopa unha maleta que contén fotos e cartas nas que descubre a historia das súas antepasadas.
DOUS NICHOS
PARA MARUJA
Un documental que explora a distancia que xeran os iconos unha vez que os artistas están mortos. Unha viaxe que busca conectar o familiar co universal.
42.195 METROS
Longametraxe de ficción sobre a historia de Mariña, Sara, Noemí e Aroa. As catro amigas adestran xuntas para a maratón da Coruña de 2020, axudando a Mariña a recuperar a ilusión despois dun difícil momento persoal. Unidas pola amizade e a superación, enfrontan desafíos e atopan forza no camiño.
FORA DO CAMPO
Curtametraxe na que Benjamín, un home de 86 anos que quedou viúvo, afronta unha nova vida marcada pola soidade, tristeza e enfermidade despois de máis de cincuenta anos de matrimonio con Josefa.
RAÍCES ANALÓXICAS
Curtametraxe sobre a historia de Lúa, unha executiva de éxito de 32 anos que acaba de recibir unha noticia devastadora e atópase con dous amigos da súa infancia en Ames cos que perdeu contacto despois de mudarse á cidade.
DESEO MÁS
Unha serie que segue a historia de recuperación de Esteban, un avogado de 27 anos que desexa deixar atrás a súa adición ao sexo.
AMIL
Serie de televisión sobre a vida de Amil que despois de perder o traballo e tentar o suicidio, atopa pílulas que o volven un neno de 12 anos.
TRES CARTAS
DE ESPERANZA
Curtametraxe que transcorre nunha aldea galega,na que tres viúvas afrontan a incertidume da emigración e da perda.
HACIA EL ESPACIO
INTERIOR
Longametraxe documental que aborda a saúde mental a través da música como principal ferramenta para canalizar a ansiedade ou a depresión.
NEMETO
ORQUESTA RAÍÑA
Comedia na que Isabel e Flavia xuntarán forzas cun grupo de artistas mediocres para formar a mellor orquesta de Galicia.
O LAÚRO
Curtametraxe de animación que fala dunha viaxe ao desexo dunha nena á súa infancia; ao seu desexo de amar, ao seu desexo de facerse muller.
CUANDO LOS ÁRBOLES
LLORAN
Falso documental no que unha parella de biólogos xubilados enfróntanse a deter a construción dunha depuradora para preservar o patrimonio cultural e natural de O Souto.
TRAMOLOXÍA
Falso documental que segue a travesía musical de Bogdan, un rapaz moldavo afincado no Val de Barcala, que brega cos seus opps e demos internos á par.
Copyright © 2024. Todos Os Dereitos Reservados
amesAv_lab
Aviso Legal