AMESAVLAB

LOGO AMESAVLAB

Este sitio web é propiedade e está xestionado por Craftium, S.L., como a empresa adxudicataria de AMESAVLAB (laboratorio para a nova producción audiovisual promovido polo Concello de Ames e cofinanciado pola Deputación de A Coruña) cuxos datos completos son os seguintes:

Enderezo: Alcalde Rey Daviña, 2, 3ºC en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

CIF: B-94184785

OBXECTIVO

Pon a disposición dos usuarios este sitio web para proporcionar información relativa ao programa AMESAVLAB.

O acceso ao sitio web é gratuíto agás o custo de conexión a internet subministrado polo provedor de acceso contratado polo usuario.

RESPONSABILIDADE

AMESAVLAB exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

A pesar de ter adoptado todas as precaucións necesarias para proporcionar informacións actuais e precisas no sitio web, AMESAVLAB non pode garantir a actualización de toda a información facilitada nin a ausencia de erros ou omisións na páxina web, así mesmo, tampouco se pode garantir a ausencia de virus informáticos, ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na páxina web.

AMESAVLAB non pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, prestadores de servizos de telecomunicacións, avarías etc. O usuario recoñece e acepta que o acceso e uso do sitio web e/ou dos Contidos incluídos no mesmo ten lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade. O acceso ao sitio web e/ou aos Contidos incluídos no mesmo non implica ningún tipo de garantía respecto á idoneidade do Portal e/ou dos Contidos incluídos no mesmo para fins particulares ou específicos dos usuarios.

AMESAVLAB resérvase a facultade de actualizar ou modificar en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso estas condicións legais, así como a información contida no sitio web.

ENLACES A OUTROS SITIOS WEB

Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace que desde páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas de AMESAVLAB.

Este portal Web pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales AmesAvlab, non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado con ditas páxinas ou o seu acceso.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos deste portal web, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calesquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade de AMESAVLAB ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre ditos.