AMESAVLAB

LOGO AMESAVLAB
Serenade-AMESAVLAB

SERENADE

Un drama familiar luminoso onde Chelo, unha muller maior que vive nunha aldea galega dos 90, desexa ver a súa neta Lola facer a primeira comunión antes de morrer. 

As_Labregas-AMESAVLAB

AS LABREGAS

Serie de televisión onde Paula, unha muller duns 45 anos volta de Madrid a casa familiar en Galicia por mor do falecemento da sua nai. Na casa atopa unha maleta que contén fotos e cartas nas que descubre a historia das súas antepasadas.

Dous_nichos_para_Maruja-AMESAVLAB

DOUS NICHOS
PARA MARUJA

Un documental que explora a distancia que xeran os iconos unha vez que os artistas están mortos. Unha viaxe que busca conectar o familiar co universal.

42195_Metros-AMESAVLAB

42.195 METROS

Longametraxe de ficción sobre a historia de Mariña, Sara, Noemí e Aroa. As catro amigas adestran xuntas para a maratón da Coruña de 2020, axudando a Mariña a recuperar a ilusión despois dun difícil momento persoal. Unidas pola amizade e a superación, enfrontan desafíos e atopan forza no camiño.

Fora_de_Campo-AMESAVLAB

FORA DO CAMPO

Curtametraxe na que Benjamín, un home de 86 anos que quedou viúvo, afronta unha nova vida marcada pola soidade, tristeza e enfermidade despois de máis de cincuenta anos de matrimonio con Josefa.

Raíces_analóxicas-AMESAVLAB

RAÍCES ANALÓXICAS

Curtametraxe sobre a historia de Lúa, unha executiva de éxito de 32 anos que acaba de recibir unha noticia devastadora e atópase con dous amigos da súa infancia en Ames cos que perdeu contacto despois de mudarse á cidade.  

Deseo_más-AMESAVLAB

DESEO MÁS

Unha serie que segue a historia de recuperación de Esteban, un avogado de 27 anos que desexa deixar atrás a súa adición ao sexo.

Amil-AMESAVLAB

AMIL

Serie de televisión sobre a vida de Amil que despois de perder o traballo e tentar o suicidio, atopa pílulas que o volven un neno de 12 anos. 

Tres_Cartas_de_Esperanza-AMESAVLAB

TRES CARTAS
DE ESPERANZA

Curtametraxe que transcorre nunha aldea galega,na que tres viúvas afrontan a incertidume da emigración e da perda.

Hacia_el_espacio_interior-AMESAVLAB

HACIA EL ESPACIO
INTERIOR

Longametraxe documental que aborda a saúde mental a través da música como principal ferramenta para canalizar a ansiedade ou a depresión.

Nemeto-AMESAVLAB

NEMETO

Curtametraxe que transcorre na Galicia de 1946. Ela conxura un ritual no que pretende convocar aos espíritos da maternidade e da fertilidade para poder darlle o seu primeiro fillo ó seu marido, Xoan. Mais sen sábelo, consegue espertar o poder da meiga Mara.”
Orquesta_Raíña-AMESAVLAB

ORQUESTA RAÍÑA

Comedia na que Isabel e Flavia xuntarán forzas cun grupo de artistas mediocres para formar a mellor orquesta de Galicia.

O_Lauro-AMESAVLAB

O LAÚRO

Curtametraxe de animación que fala dunha viaxe ao desexo dunha nena á súa infancia; ao seu desexo de amar, ao seu desexo de facerse muller.

Cuando_los_arboles_lloran-AMESAVLAB

CUANDO LOS ÁRBOLES
LLORAN

Falso documental no que unha parella de biólogos xubilados enfróntanse a deter a construción dunha depuradora para preservar o patrimonio cultural e natural de O Souto.

Tramoloxía-AMESAVLAB

TRAMOLOXÍA

Falso documental que segue a travesía musical de Bogdan, un rapaz moldavo afincado no Val de Barcala, que brega cos seus opps e demos internos á par.

Copyright © 2024. Todos Os Dereitos Reservados
amesAv_lab

Aviso Legal